HomesociedadeO festival 'Trece Roeis Fest' avanza novas actuacións para o seu cartel

O festival ‘Trece Roeis Fest’ avanza novas actuacións para o seu cartel

A cita festiva que se celebrará os días 19 e 20 de agosto en Pantón incluirá, ademais dos anunciados días atrás, novos grupos como por exemplo A banda da loba ou Liviao de Marrao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival “Trece Roeist Fest“, evento que naceu en Pantón no ano 2019, celebrará unha nova edición os días 19 e 20 de agosto. A organización fixo un avance da programación días atrás, e este pasado venres 29 de abril anunciou novos nomes para o seu cartel.

As propostas musicais que se dan a coñecer nesta ocasión son Lágrimas de Sangre, A banda da loba, Liviao de Marrao, MJ Pérez e Paco Nogueiras.

Lágrimas de Sangre é unha banda catalá que presentará neste festival o seu novo disco “Armónico Desorden”; A banda da loba, un referente en Galicia, chega tras acadar o pasado ano un premio Martín Códax co seu traballo “Xabón Lagarta”; Tamén como gañadora doutro Martín Códax entra nesta edición a cantautora MJ Pérez, proposta musical á que hai que engadir aos chantadinos Liviao de Marrao que representarán a cota reservada para o rock bravú. Ademais dos músicos e músicas devanditos/as neste novo avance de programación deuse a coñecer unha proposta para o público infantil, trátase de Paco Nogueiras que traerá a marcha para a cativada co seu espectáculo “Brinca vai”.

A banda da loba. Foto cedida por Trece Roeis Fest

A mediados de abril a organización do festival confirmaba os primeiros artistas do cartel: a banda Boikot e El Drogas, no apartado de rock e punk nacionais, Guezos e Cabodano como bandas galegas, As Searas como grupo tradicional e Zeltia Irevire no apartado de folk fusión.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais de concertos, a programación do festival contemplará diferentes actividades como obradoiros e mostras que, segundo a organización “poñan de manifesto as nosas tradicións, a nosa cultura e a nosa identidade”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...