HomeTerra de LemosPantónO BNG pide que se limpen as estradas do concello

O BNG pide que se limpen as estradas do concello

O BNG de Pantón insta aos gobernos municipais e provinciais a rozaren os arredores dos viais.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón levará ao vindeiro Pleno da Corporación unha moción para solicitar aos gobernos municipal e provincial que procedan con celeridade a rozar os arredores dos viais da súa titularidade.

“Este é un traballo que debían realizar de oficio, e que ademais o aumento do tránsito rodado e de viandantes no periodo estival, así como as condicións meteorolóxicas aumentan a perigosidade tanto de potenciais accidentes como de lumes“, indican os nacionalistas.

Agardemos que os gobernos municipal e provincial procedan a cumprir coa súa obriga” di a portavoz municipal do bng en Pantón, que non se explica como “persoas que viven aquí non ven que isto é unha necesidade e que tería que estar prevista, pero a planificación é inexistente neste concello e isto tamén afecta ás rozas”.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...