HomeMovementos sociaisSegredos de Pantón ofrécese a decorar aldeas do concello

Segredos de Pantón ofrécese a decorar aldeas do concello

Este colectivo que dinamiza o concello dende o punto de vista socio-cultural anima a vivir o Nadal engalanando os núcleos rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segredos de Pantón está a facer un chamamento á veciñanza rural do Concello de Pantón para que decoren as súas aldeas. Neste senso informan que van repetir a iniciativa de decorar aldeas, con elementos reciclados e feitos a man, como fixeron estes últimos anos en ‘Galegos’.

Con este obxectivo, e a través das redes sociais e da prensa, ofrécense para que calquera asociación de veciños/as ou grupos de veciños/as de aldeas do Concello de Pantón contacten con eles “para procurar que decoremos entre elas e nós o seu lugar”.

Parada de autobús decorada por Segredos de Pantón. Foto: SdP

Para contactar con eles pódese empregar calquera medio de comunicación que ofrecen as súas redes sociais, por correo electrónico no enderezo segredosdepanton@gmail.com ou por teléfono no número 662 669 223 (Lucas Vázquez).

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...