HomesociedadeAs traballadoras do servizo no fogar de Pantón ven recoñecida a xornada...

As traballadoras do servizo no fogar de Pantón ven recoñecida a xornada laboral de 37 horas

O xulgado determina que a entrada en vigor da lei de orzamentos do ano 2018 establece que a xornada de todos os traballadores públicos é de 37,5 horas, polo que "non cabe por contrato fixar unha xornada que excede a prevista na norma legal".

Publicado o

- Advertisement -

O xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito das traballadoras do servizo de axuda no fogar do municipio lugués de Pantón a ter unha xornada laboral de 37 horas e media en lugar das 40 actuais.

Nunha sentenza facilitada este xoves pola CIG, o xulgado lugués dá a razón ao sindicato nacionalista na súa demanda presentada contra o municipio lugués, que se escudaba en que a xornada laboral para os empregados da administración local está fixada nas 40 horas.

O xulgado determina que a entrada en vigor da lei de orzamentos do ano 2018 establece que a xornada de todos os traballadores públicos é de 37,5 horas, polo que “non cabe por contrato fixar unha xornada que excede a prevista na norma legal”.

Tras coñecer a sentenza, a CIG avanzou que estudará cos empregados do SAF a posibilidade de interpor denuncias individuais para reclamar “as compensanciones que lles corresponden polo exceso de xornada realizado”.

A central nacionalista lamentou que durante este tempo o goberno local “non atendese as xustas e lexítimas demandas das traballadoras” e “persistise” na “discriminación que sufrían con respecto ao resto do persoal municipal”.

“Lamentablemente esta é unha evidencia máis do escaso recoñecemento laboral e social que teñen as traballadoras que prestan os servizos de axuda no fogar a pesar de que realizan un traballo esencial para centros de persoas”, incidiu a CIG.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...