HomeTerra de LemosPantónTrasladan ao hospital dúas persoas feridas despois dun accidente en Pantón

Trasladan ao hospital dúas persoas feridas despois dun accidente en Pantón

Eran varios os particulares que chamaban ao 112 Galicia para avisar deste accidente e todos coincidían en que os afectados estaban liberados e accesibles.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas necesitaron ser trasladadas a un centro hospitalario ao resultar feridas nunha colisión entre tres coches que tivo lugar este luns en Pantón.

Ocorreu sobre as 14,00 horas no quilómetro 536 da N-120 en sentido Ourense, na parroquia de Següín. Eran varios os particulares que chamaban ao 112 Galicia para avisar deste accidente e todos coincidían en que os afectados estaban liberados e accesibles.

A continuación, a central de emerxencias informou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Monforte, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantneimiento da estrada.

Ao concluír a súa intervención, o persoal sanitario confirmou ao 112 a evacuación de dúas persoas en ambulancia ao hospital de referencia.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...