HomeTerra de LemosPantónPresentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

Presentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

A Delegación Territorial da Xunta acolleu o martes 7 de maio a presentación desta cita vitivinícola que contará con 10 adegas expositoras na súa 29 edición. O evento celebrarase a fin de semana do 11 e 12 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, participaron na presentación da 29ª edición da Mostra de viños da Ribeira Sacra. Arias destacou a colaboración da Administración autonómica para celebrar un ano máis esta festa que enxalza a viticultura da zona e que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2022.

Os visitantes poderán degustar o viño que ofrecerán as dez adegas participantes deste territorio que presume de ter tres ribeiras: a do Sil, a do Miño e a do Cabe. Ademais dos caldos, tamén haberá postos con diferentes produtos da terra e o sábado 11 poderase gozar da sétima edición da Festa da Empanada.

Na fin de semana tamén se entregarán os premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra Viticultura Heroica e haberá actuacións musicais con orquestras e charangas que ambientarán o recinto feiral. As actividades da mostra darán comezo o xoves 9 de maio cunha cata de viños das tres ribeiras de Pantón.

Este ano, coincidindo coa primeira xornada da mostra, o recinto feiral acollerá o Brinde do Día do Viño D.O. que se celebra simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe (DO). A D.O. Ribeira Sacra participa nesta iniciativa promocional con 35 Consellos Reguladores máis.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...