HomeSucesosInvestigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Investigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Trátase dun veciño de Salamanca de 34 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil investigou a un veciño de Salamanca, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ser ‘cazado’ circulando a 190 quilómetros por hora pola N-120, á altura do municipio lucense de Pantón.

Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu o pasado 19 de abril, cando un cinemómetro captou a un turismo a esa velocidade cando o límite é de 90 km/h, ao ser a máxima xenérica para ese tipo de vías. Ademais, nese tramo había unha indicación de perigo por baixada con pendente do 6 por cento.

Así, a Garda Civil comezou un labor de investigación para poder identificar o condutor do vehículo que consistiu en observar as fotogramas do cinemómetro, rastrexar os potenciais usuarios do coche e localizar en perfís abertos de redes sociais aquelas publicacións que conseguisen situar ao vehículo e ao seu condutor nun lugar próximo aos feitos.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...