HomesociedadeA Deputación licita a mellora da LU-P-4104 de Següín aos Peares

A Deputación licita a mellora da LU-P-4104 de Següín aos Peares

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a licitación da rehabilitación de cinco estradas provinciais e a entrada de Lugo pola Fervedoira. Unhas obras que contarán cun investimento conxunto da institución provincial que supera os 630.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial licitou en Pantón as obras de mellora da totalidade da LU-P-4104 de Seguín, por Pombeiro, aos Peares. As obras contan cun prazo de execución de tres meses e un orzamento que supera os 100.000€ cos que se rehabilitarán os máis de 15 quilómetros da vía. As actuacións inclúen a reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.

A Xunta deu tamén este venres luz verde a diferentes convenios de colaboración con catro entidades da provincia por un importe conxunto que supera os 166.000€.

Na zona sur a Deputación entrega á Fundación Xosé Soto de Fión, 94.000€ en dúas anualidade para manter o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz. Este espazo integra patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico, etnográfico e natural único na Ribeira Sacra, que é un punto de referencia. A achega da institución provincial servirá para sufragar os gastos do persoal necesario.

Este venres tamén se aprobou a prórroga do encargo á empresa pública Tragsa para a prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo, por importe de 841.815,67€ e por esta tempada 2026

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...