IniciosociedadeO novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente,...

O novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente, nun ano

A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto. Fíxoo tras a xunta de goberno na que se adxudicou unha actuación que se levará a cabo na avenida de Outeiro e que contará cun prazo de execución de doce meses.

“Esperamos en 14 meses estar cos traballos de equipamento”, apuntou a deputada provincial, que informou que na sesión tamén se deu luz verde á adxudicación por máis de 260.000 euros das obras de mellora de servizos de abastecemento de auga, iluminación e saneamento no núcleo urbano da Pastoriza.

Entre outras actuacións, deuse luz verde á reposición da sinalización vertical e horizontal de 26 quilómetros da estrada provincial LU-P-0708, que dá servizo aos concellos de Baleira, Becerrá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Ademais, tamén se deu o visto e prace ao último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe de case 22.000 euros a cinco entidades asociativas da provincia.

ÚLTIMAS

Pladesapu e Albores denuncian as carencias no servizo de psiquiatría do sur de Lugo

As patoloxías mentais están a orde do día, e mentras a OMS avoga por...

Máis de 200 ciclistas participarán no Campionato Galego de Contrarreloxo Individual que se disputará o venres na Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acollerá o venres -17 de maio- o Campionato Galego de...

O PP de Monforte pedirá en pleno unha axuda para conservar viñedos en socalcos

O concelleiro popular, Emilio Vázquez, ve “necesaria” esta medida encamiñada a “incentivar a recuperación...

Ata o 7 de xuño pódense solicitar as axudas para libros e material escolar do Concello de Monforte

Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das bases e a convocatoria...