HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónLiteratura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Será no local social desta parroquia o 30 de marzo pola tarde. Presentarase o libro 'A música dos Valladares. Retratos de familia', de Pablo Bernárdez e ilustracións de Hortensia Fernández, haberá caldo comunitario e foliada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a Asociación Veciñal de Saa convidan a celebrar a súa particular “Semana SAAnta”. Para iso ofrecen música, cultura e caldo no local social desta parroquia.

A programación para este día comeza ás 20:00 h. coa presentación do libro “A música dos Valladares. Retratos de familia”, de Pablo Bernárdez e con ilustracións de Hortensia Fernández. Trátase dunha escolma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron á familia Valladares Núñez da Casa Grande de Vilancosta, en Berres (A Estrada). O libro recolle máis de cen anos de historia musical a través de textos alusivos á biografía da familia, asociados cada un a unha peza musical e a unha ilustración.

Despois haberá un concerto a cargo de Proxecto Valladares con temas bailables que darán paso a unha foliada. A organización ofrecerá un caldo comunitario aos presentes propoñendo que aqueles que asistan traian a súa propia cunca e culler.

A localización do local social onde terá lugar esta actividade é a seguinte: https://maps.app.goo.gl/UchkCtyHEbxZM3Nw9

Outra actividade que había programada para o domingo 31, un “safari de toponimia” que consistía nun paseo pola parroquia para recoller nomes de lugares e rexistralos na plataforma Galicia Nomeada, quedou suspendida por mor das previsións meteorolóxicas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...