HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónCorte de tráfico da LU-P-4702 na Pobra do Brollón

Corte de tráfico da LU-P-4702 na Pobra do Brollón

Dende este luns 21 de xullo, e durante dúas semanas, permanecerá cortado ao tráfico un treito da estrada LU-P-4702, que comunica Vilachá coa Estación da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo informa dun corte de tráfico nunha vía de comunicación dentro dos límites do Concello da Pobra do Brollón. Concretamente, afectará a un treito da estrada LU-P-4702 que comunica Vilachá coa Estación.

O devandito corte comeza este luns 21 de xullo e alongarase durante dúas semanas. Nese período o acceso a Vilachá deberase realizar dende Monforte pola LU-P-3203.

O corte débese ao inicio dos traballos de estendido con aglomerado en quente, entre os puntos quilométricos 2,575 ao 10,897. As obras, cun orzamento de 435.600,00 €, serán executadas pola empresa FEVISA vías e obras S.L.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...