HomeTerra de LemossanidadeOferta de prazas e de emprego para un Centro de Día en...

Oferta de prazas e de emprego para un Centro de Día en Quiroga

O Concello de Quiroga mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes de praza para un centro xerontolóxico, socioterapéutico e de apoio ás familias que espera abrir as súas portas en novembro deste ano. Así mesmo crearanse dous postos de traballo.

Publicado o

- Advertisement -

A Comisión de Seguimento do Centro de Día, que ten representación de todos os grupos políticos, reuniuse o venres 13 de setembro para seguir cos trámites para a súa apertura. A comisión baralla principios do mes de novembro para comezar a funcionar xa cos primeiros usuarios e usuarias que están a solicitar praza e crearanse dous postos de emprego, un a xornada completa e outro a xornada parcial.

O centro, que xestionará directamente o concello, conta con 25 prazas para persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela e os prezos para estancia a xornada completa ou media xornada pretenden ser accesibles para as familias. Ofreceranse outros servizos complementarios como transporte adaptado e comidas.

Permanecerá aberto todos os días laborables das oito da mañá ata ás oito do serán. Dentro dos requisitos mínimos para poder ser usuario deste servizo está o de ter cumpridos os 65 anos ou 50 en caso de dependentes con circunstancias persoais.

O Centro de Día ocupa o primeiro andar do edificio polivalente da Ribeira e na súa planta baixa atópase un centro social que abrirá diariamente para uso dos usuarios ou usuarias se así o desexan.  A Ribeira é un barrio de Quiroga que está a escasos 5 minutos do centro urbano da vila.

Oferta de prazas e de emprego

O prazo para a solicitude de prazas para usuarios e usuarias está aberto, polo que as persoas interesadas poden pasar a tramitala polas oficinas de servizos sociais do concello.

En canto ás contratacións previstas, xa se fixo pública a convocatoria para a provisión de dúas prazas, unha a xornada completa e outra a xornada parcial. Entre os requisitos esixidos están presentar titulación de “Técnico en coidados auxiliares de enfermería, técnico auxiliar de clínica, técnico en atención a persoas en situación de dependencia ou certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións”.

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Quiroga en horario de 9:00 a 14:00 h. no prazo de 10 días hábiles a contar dende o pasado 13 de setembro.

As interesadas e/ou interesados poden acceder ás bases e modelos de solicitude na web do concello.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...