HomeTerra de LemossanidadePersoal sanitario e pacientes unidos por unha sanidade digna

Persoal sanitario e pacientes unidos por unha sanidade digna

O día 12 de decembro, Enfermeiras en loita de Monforte convoca a todo o mundo a participar das concentracións que neste derradeiro mes do ano se adican aos pacientes

Publicado o

Este xoves, 12 de decembro, Enfermeiras en loita de Monforte convoca a todo o mundo a participar das concentracións que se levarán a cabo diante dos centros de saúde e hospitais de toda Galicia.
 
O derradeiro mes do ano adícanllo aos pacientes, “os grandes olvidados pola administración xunto cos profesionais sanitarios. As nosas malas condicións laborais repercuten en nos, nas nosas vidas e nas das nosas familias, pero sobre todo, nos nosos pacientes, o centro do sistema de saúde”, sinalan desde Enfermeiras en loita.
 
O colectivo esixe coidados de calidade e poder desempeñar o traballo para que os pacientes reciban a atención que merecen. Aseguran que todas as demandas teñen que ver co seu traballo, pero tamén coa atención que reciben os pacientes, “Porque nós sen eles non funcionamos, pero eles sen nós, tampouco. Debemos apoiarnos e facer fronte a un sistema que prioriza o aforro e a despersonalización antes que os coidados de calidade e a atención personalizada. Personal sanitario e pacientes facendo una fronte común para conseguir o mesmo obxectivo: unha sanidade digna tanto para eles como para nós”. 
 

ÚLTIMAS

Presentación do poemario ‘Vestidos de organdí’ na librería Entre Libros de Monforte

A libraría Entre Libros de Monforte de Lemos acolle este venres 14 de novembro...

O BNG esixe actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas dos incendios deste verán

A organización nacionalista reclama coordinación entre administracións para protexer a bacía e sinala que...

O PP lucense esíxelle ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral da N-120 na provincia”

O PP esixe, unha vez máis, ao Goberno de Sánchez “actuar con urxencia” nos...

Chantada mellora a Fonte da Ponte

Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa...