HomeTerra de LemossanidadeLoitar pola sanidade pública e contra a americanización do sistema

Loitar pola sanidade pública e contra a americanización do sistema

Podemos O Saviñao convida aos usuarios da zona sur de Lugo a: “ acudir á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade pública, o día 9 de febreiro en Santiago de Compostela”. Esta entidade estima que “a defensa deste servizo público fundamental non se defende quedando na casa, na oficina de reclamacións dun hospital, ou mediante un recurso ante o Valedor do Pobo”.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo Podemos O Saviñao, o que pasou en Verín debe interpelar a todos, porque a situación dos hospitais comarcais sanitarios como Monforte, ou o Barco de Valdeorras sofren case todos despoboamento e redución de servizos, con derivacións cara a hospitais provinciais e mesmo cara a grupos sanitarios concertados.

Aseguran que desde a supresión en Monforte da súa área sanitaria, non reina o optimismo, porque o novo modelo de xestión non resolve os problemas crónicos como a falta de persoal en dixestivo, cardioloxía e pediatría ou as condicións do persoal de enfermería.

Ambulatorio Chantada / Podemos O Saviñao

Lembran que en Chantada segue habendo problemas coa falta de pediatra; no Saviñao contrúese un novo ambulatorio en Escairón mentres Currelos está pendente da evolución do seu nivel de despoboamento, e dun posible traslado de servizos cara ao moderno ambulatorio de Escairón. Podemos O Saviñao aposta por reafirmar o papel de todos os médicos e persoal de enfermería de atención primaria no rural, en coordinación cos especialistas hospitalarios, e en materia de prevención de riscos sanitarios.

Obras centro de saúde de Escairón / Podemos O Saviñao

Denuncian a fragmentación de servizos e o aumento do gasto dos fogares en materia sanitaria, contratando seguros sanitarios privados o que leva á americanización progresiva da sanidade galega. Consideran que o SERGAS debe de apostar pola investigación universitaria hospitalaria como eixo fundamental.

Para Podemos O Saviñao é fundamental apoiar a mobilización deste día 9 “porque a degradación dun servizo fundamental non soamente afecta á nosa saúde, tamén repercute na nosa economía e ordenación do territorio ao desertificar as zonas rurais.”

ÚLTIMAS

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de...

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non...

30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

O Concello de Monforte vén de anunciar as 30 candidaturas que se presentaron para...