HomeTerra de LemossanidadeEmerxencia sanitaria, peche de bares e comercios, agás establecementos de alimentación

Emerxencia sanitaria, peche de bares e comercios, agás establecementos de alimentación

A Xunta vén de activar, e por primeira vez na historia da autonomía galega, o estado de emerxencia sanitaria que implica o peche de todos os comercios, agás aqueles adicados á alimentación como panaderías, froiterías, pescaderías, carnicerías ou quioscos.

Publicado o

- Advertisement -

Así o anunciou nunha comparececia de prensa a través de Internet, e tras un Consello da Xunta extraordinario, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que defendeu este decreto pola situación de alerta sanitaria que vive Galicia e o conxunto do estado.

Nos casos dos servizos de recollida de produtos nestes locais, Feijóo explicou que debe manterse unha distancia de seguridade para evitar contaxios e que a permanencia no establecemento debe ser “a estritamente necesaria”. Non están afectados por esta medida os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

Accedede información completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...