O Concello do Saviñao comunicou á veciñanza a decisión de realizar un cribado de Covid mediante PCR entre os días 29 e 30 de marzo pola tarde na Praza de España, na coñecida ‘carpa de Escairón’ da capitalidade.
Está dirixido especialmente a persoal de hostalería, comercio, sector servizos, persoal municipal e a todos aqueles que traballan a diario en contacto co público.
As persoas interesadas en someterse a dito cribado xa se puxeron en contacto os días indicados e recibiron mensaxe do SERGAS para coñecer día e hora de realización da proba no lugar devandito.
O Saviñao chega esta Semana Santa cun nivel alto de restriccións tras a decisión emitida este pasado venres polo Comité Clínico que asesora á Xunta para aplicación das medidas para previr contaxios por Covid-19.