Morre por covid unha muller de 87 anos usuaria dunha residencia de Monforte

Domus VI Monforte

As vítimas mortais da pandemia en Galicia ascenden a 2.637 despois do último deceso notificado polas autoridades sanitarias, o dunha muller de 87 anos usuaria dunha residencia de Monforte.

A muller atopábase hospitalizada no hospital de Monforte de Lemos, onde ingresou procedente da residencia DomusVi do mesmo municipio lugués.

Segundo as autoridades sanitarias, a vítima tiña patoloxías previas.

SITUACIÓN ACTUAL DA RESIDENCIA

Aínda con esta mala nova cónstanos que baixou a 14 o número de positivos desta residencia, e segundo contou en Onda Cero Monforte esta mañá o xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, “nas últimas probas feitas este pasado luns tanto a usuarios como a traballadores xa non saíron positivos novos”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here