HomeTerra de LemossanidadeCribado en Chantada para buscar asintomáticos

Cribado en Chantada para buscar asintomáticos

Esta acción realizouse hoxe, 16 de decembro, e estivo organizada pola Consellería de Sanidade co fin de detectar posibles casos asintomáticos da covid-19 e previr contaxios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, asistiu este xoves 16 de decembro ao cribado organizado pola Consellería de Sanidade en Chantada co fin de detectar posibles casos asintomáticos da covid-19 e previr contaxios.

Arias apuntou que neste momento a Zona Sur ten a incidencia máis alta da provincia, con máis de 500 casos por 100.000 habitantes; mentres que na zona centro é de 220 e na comarca da Mariña ronda os 100.

Tamén salientou a boa resposta da cidadanía, que acudiu ao recinto gandeiro de Chantada desde primeira hora da mañá para realizar a PCR. O Sergas convocou a toda a veciñanza a acudir voluntariamente tomándose mostras durante todo o día. Tamén se desprazaron ata o lugar onde se realizaron as probas os alcaldes de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Taboada.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...