HomeTerra de LemossanidadeXornadas Formativas sobre odontoloxía e rendemento deportivo

Xornadas Formativas sobre odontoloxía e rendemento deportivo

Terán lugar o venres 25 de novembro en Monforte e versarán sobre a importancia dunha boa saúde bucodental para evitar lesións e mellorar o rendemento deportivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Clínica Dental Dra. María José Martín, con sede en Monforte de Lemos, organiza o 25 de novembro unhas xornadas de formación especializada en odontoloxía e rendemento deportivo.

Na súa constante innovación e aposta por incluír servizos médicos especializados, esta clínica vén de incorporar a odontoloxía deportiva, unha disciplina que se ocupa da prevención e tratamento das lesións bucodentais e as enfermidades orais asociadas ao deporte e ao exercicio físico.

As xornadas formativas, que terán lugar no Salón de Actos do Ateneo Casino de Monforte (Avda de Galicia, 31), empezarán ás 20:00 h. e participarán como relatoras: Dra. María José Martín, Dra. Emma Barril Pena e Dra. Beatriz Iglesias Sánchez.

Se queredes máis información, a Dra María José Martín pasou polos estudios de Radio Monforte. Podedes acceder á entrevista dende aquí.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...