HomeTerra de LemossanidadeEn Sarria defenden “un servizo de pediatría digno”

En Sarria defenden “un servizo de pediatría digno”

Un grupo de nais e pais están a recoller sinaturas para que o Centro de Saúde da localidade dispoña todos os días da semana dun pediatra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria está a sufrir tamén problemas co servizo de pediatría. Segundo denuncian un grupo de pais e nais afectados “en condicións normais temos dous pediatras diarios, pero agora hai unha baixa por maternidade sen cubrir e agora só hai unha que absorbe o traballo todo. Está desbordada”.

Como medida de presión están a recoller sinaturas, levan arriba das 2.000, e pensan enviar un escrito de queixa á Valedora do Pobo e a responsables do Sergas.

No escrito expoñen o problema do déficit de asistencia sanitaria dos máis pequenos e solicitan que o Centro de Saúde de Sarria dispoña dun pediatra  todos os días de luns a venres de 8:00 a 15:00 h. Segundo denuncian “a solución do Sergas é mandar especialistas doutros centros a facer controis de saúde con axenda cerrada e só atendendo aos nenos citados, pero iso non arranxa o problema. Se un neno se pon enfermo en quenda de mañá ou o ve un médico de familia (recargando o seu traballo) ou derívano ao Hula”.

O colectivo de familias lembra ademais que as deficiencias afectan a cinco concellos do sur de Lugo: Sarria, Paradela, O Incio, Samos e Triacastela.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...