HomeTerra de LemossanidadeA sanidade en Monforte baixo mínimos, agora non hai pediatra

A sanidade en Monforte baixo mínimos, agora non hai pediatra

Desde o concello aseguran que as familias quedaron sen esta cobertura no centro de saúde de Monforte e desde alí derívanos, en caso de urxencia a Chantada, en horario de 16.00 a 18.00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte informaba este venres de que estaba recibindo queixas de nais e pais que estaban recibindo chamadas para cambiarlles a cita que tiñan para esta xornada no pediatra do centro de saúde. A cita cambiábase para finais do mes de decembro.

Desde o concello insisten en que na actualidade non hai pediatra e trasladan o malestar do alcalde e do concello “por unha asituación moi grave e insosible froito dunha pésima xestión por parte da Xunta de Galicia e do Sergas”.

“Como concello e como segunda cidade da provincia a situación que se está a dar no centro de saúde non a podemos consentir. Esta é unha mostra máis do desmantelamento da sanidade publica que provoca un grave perxuizo aos nosos cidadáns e neste caso aos nosos nenos e nenas, por iso esiximos á Xunta de Galicia e ao Sergas que solucionen dunha vez por todas este grave problema que estamos a vivir no centro de saúde e no hospital comarcal de Monforte de Lemos”, aseguraba a tenente alcaldesa, Gloria Prada.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...