HomeTerra de LemossanidadeO Alcalde de Sarria solicítalle ao conselleiro de Sanidade unha 2ª ambulancia

O Alcalde de Sarria solicítalle ao conselleiro de Sanidade unha 2ª ambulancia

O rexedor, Claudio Garrido, vén de enviar unha carta a Julio García Comesaña solicitándolle unha reunión para abordar a necesidade de dotar o antes posible á Comarca de Sarria dunha segunda ambulancia que permita mellorar a atención das urxencias e emerxencias extrahospitalarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Claudio Garrido comunicoulle ao titular de Sanidade da Xunta que a pasada fin de semana rexistráronse dous incidentes que “volveron deixar en evidencia o deficiente servizo do transporte sanitario urxente”. No primeiro deles, un xogador da SD Sarriana que recibira un golpe durante un encontro e que mesmo chegou a perder a consciencia tivo que agardar media hora pola ambulancia, mentres que no segundo, un veciño que sufriu unha caída na festa do Rosario tamén tivo que agardar máis de 30 minutos para ser trasladado.

Ante estes feitos “recurrentes e preocupantes”, o rexedor local decidiu solicitar unha reunión urxente co Conselleiro de Sanidade para solicitar unha segunda ambulancia para a comarca e anticipou tamén a presentación dunha moción no vindeiro pleno para “sumar o apoio de todos os grupos políticos a unha petición que é necesaria e xusta”. Ao respecto, lembrou que xa no ano 2020 unha moción do goberno local contara co respaldo unánime da Corporación Municipal, “pero non foi suficiente para que a Xunta de Galicia respondera positivamente á demanda da veciñanza de Sarria”.

UNHA SEGUNDA AMBULANCIA MOI NECESARIA PARA A COMARCA

“Cando falamos de vidas humanas non vale escudarse en estatísticas nin no cumprimento de ratios, senón que é unha obriga de calquera administración pública destinar os recursos necesarios para ofrecer unha asistencia sanitaria eficaz e de calidade”, apuntou Garrido, antes de lembrar que na Comarca de Sarria viven máis de 22.000 persoas nun territorio de máis 836 quilómetros cadrados, caracterizado pola dispersión poboacional, polo que “unha única ambulancia é a todas luces insuficiente para cubrir as necesidades dos sete concellos da comarca”.

O alcalde apunta ademais que é un bo momento para reactivar esta petición non atendida dende a Xunta porque que “a Consellería de Sanidade está a traballar na reconfiguración e actualización do mapa do transporte sanitario urxente e o propio conselleiro xa anunciou a concesión dalgunha ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería para outras comarcas que demandan as mesmas melloras no servizo”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...