HomeTerra de LemossanidadeUn milleiro de persoas maniféstase en Chantada por unha mellor sanidade

Un milleiro de persoas maniféstase en Chantada por unha mellor sanidade

A manifestación convocada pola plataforma Chantada quere Sanidade xuntou en Chantada este sábado a máis dun milleiro de persoas, "cifras de participación que non se ven na vila dende hai décadas", asegura a organización. Tamén os empresarios se sumaron á manifestación pechando establecementos ao paso da manifestación que percorreu as principais rúas da vila pedindo unha mellora na atención sanitaria en Chantada e Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de dúas concentracións dende novembro, unha queixa á Valedora do Pobo que xa foi admitida a trámite e unha carta ao xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, que ata o día de hoxe non tivo resposta. A plataforma entende que hai unha clara postura de inacción e banalización do problema por parte da administración sanitaria. Dende a plataforma sinten que teñen folgos de sobra, co apoio popular en manifestacións como esta, para seguir loitando por uns servizos públicos de calidade.

A manifestación fixo unha pausa a medio camiño onde se deron datos da situación sanitaria neste momento e se respostou a Ramón Ares que en declaracións á prensa estes días, falaba de que no Centro de Saúde de Chantada se traballaba “coa normalidade que se viña desenvolvendo meses antes do Nadal“, cando daquela a plataforma xa viña denunciando a anormalidade que se vivía.

“Entendemos que dende a cúpula da Consellería de Sanidade isto é o que queren implantar como unha situación normal, que a atención primaria sexa deficiente, desbordando aos centros de saúde, e logo colapsar os hospitais cada vez máis faltos de especialistas, e que esta situación finalmente favoreza á sanidade privada que non todos podemos pagar”, aseguran desde a plataforma.

Tamén na manifestación se contestou ao argumento político de “non hai persoal sanitario para contratar”. Asegura a plataforma que cada ano saen ao redor de 3501 novos médicos graduados en Galicia que se teñen que enfrontar a condicións de traballo duras, tanto é así que “no contexto do Estado marchan 25042 médicos cada ano para o estranxeiro. Profesionais que deixan marchar por non darlles unhas condicións dignas para que se poidan asentar e facer a súa vida alí onde sexan precisos”. Segundo datos do B.O.E. 33 prazas de atención primaria quedaron vacantes no MIR do ano 20233.

Manifestación Chantada quere sanidade / Chantada quere sanidade

ÚLTIMAS

Delia González, unha filla da emigración galega a Arxentina con raíces en Pantón

Encarnación verbalizaba as palabras mentres súa nora, Flora, escribíaas na mesma cociña, ao carón...

Convócase o Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais de Monforte

O Concello de Monforte convoca o XX Concurso de deseño de carteis das Festas...

Excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Tal como informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas no...

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas...