HomeTerra de LemossanidadeCharla en Chantada da doutora e 'influencer' Odile Fernández, divulgadora na loita...

Charla en Chantada da doutora e ‘influencer’ Odile Fernández, divulgadora na loita contra o cancro

Está programada para o venres 14 de xuño ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada. Odile Fernández ademais de ter aparecido en diversos medios de comunicación para falar da importancia dun estilo de vida saudable, é moi activa en redes sociais con numerosos seguidores en Instagram e Facebook.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A asociación Chantada contra o cancro organiza unha charla coloquio coa Dra. Odile Fernández, unha recoñecida médica no eido da saúde e da nutrición, especialmente coñecida polo seu enfoque da medicina integrativa e da súa loita contra o cancro.

“A propia Odile Fernández foi diagnosticada dun cancro de ovario metastásico nun estadio avanzado. Contra os prognósticos desfavorables, superou a enfermidade empregando un enfoque integrativo que combinaba os tratamentos médicos convencionais con cambios significativos no seu estilo de vida, especialmente na alimentación”, explican dende a asociación chantadina.

A raíz desa experiencia, Odile Fernández escribiu varios libros cun enfoque integrativo no tratamento e prevención do cancro. Ademais de ter aparecido en diversos medios de comunicación para falar da importancia dun estilo de vida saudable, é moi activa en redes sociais. En Instagram (@misrecetasanticancer) conta con case 96.000 seguidores e na súa páxina de Facebook ten máis de 121.000.

CHARLA COLOQUIO CON OUTROS EXEMPLOS DE SUPERACIÓN

Na charla, que será o venres 14 de xuño ás 20.00 h. no Auditorio Municipal de Chantada, ademais da doutora granadina estarán presentes para participar un coloquio,persoas da contorna que superaron diferentes cancros. Maira Ratón, Adrián Fernández, Pilar Barrenechea e José Luis Couto compartirán cos asistentes ao acto as súas experiencias.

Dende Chantada contra o cancro celebran poder contar con Odile Fernández en Chantada. “Queremos achegar á poboación dun núcleo como Chantada a experiencia que pode aportar Odile”, indican. Ademais, tamén insisten en agradecer “a presenza das catro persoas da contorna que contarán as súas experiencias. Deste xeito achegarán as súas visións e esperamos que sirva para romper os tabús aínda existentes á hora de falar desta enfermidade”.

Dende a organización trasladan tamén que esperan ter unha “moi boa acollida e ter o auditorio cheo, xa que cremos que é unha oportunidade única de escoitar a Odile de preto e compartir experiencias”. Agradecen, pois, a asistencia e difusión do evento, así como tamén a colaboración de establecementos e entidades coas que contan para facer posible esta actividade.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...