HomeTerra de LemossanidadeCanto sabemos do TCA?

Canto sabemos do TCA?

Na “I Xornada sobre TCA” que terá lugar o día 28 de novembro no Hospital Lucus Augusti de Lugo, resolveranse moitas das dúbidas sobre este transtorno, as claves para detectalo e coñecer as estratexias para seguir cos pacientes por parte das familiar e os centros educativos. O acto coincide co "Día Internacional contra a loita dos transtornos da conduta alimentaria".

Publicado o

- Advertisement -

A asociación CIOR GALICIA organiza para este mércores 28 de novembro de 13:30 a 15:00 horas, a “I Xornada sobre TCA” ( Transtorno da Conduta Alimentaria), no salón de actos do Hospital  Lucus  Augusti ( HULA) de Lugo. O día 30 de novembro e o Día Internacional da loita contra os Transtornos da Conduta Alimentaria.

O acto comezará coa presentación dun vídeo de Concienciación e Sensibilización dos TCA. Seguidamente Mª Luz Cid, presidenta e fundadora de CIOR GALICIA relatará o seu testemuño e experiencia biográfica e explicará o papel que ten a asociación na atención aos TCA. Continuará, a vicepresidenta da asociación, Mª Pilar Espinosa aclarará como axudar aos pacientes con TCA como médico de atención primaria e cales son os síntomas aos que deben prestar atención nunha consulta.

Nesta xornada resolveranse dúbidas tan comúns como: que son os Trastornos da Conduta Alimentaria, como detectar os TCA, a necesidade do tratamento multidisciplinar e especializado e do tratamento das emocións e autoestima dos afectados.
Os relator que participan nesta actividade son profesionais especialistas neste tipo de trastornos. Darán a claves para detectar o transtorno, en idades temperás e nas consultas médicas, e as estratexias para seguir cos pacientes en en a contorna familiar e da educación.

Os ponentes participantes da xornada son a psicóloga infanto-xuvenil do HULA, Yolanda Carballeira Rifón, fará unha valoración sobre os TAC en idades temperás, continuará Manuel Antonio Botana López, endocrino facultativo, especialista desta área no Hospital Lucus Agusti, coa súa intervención da valoración e o manexo nutricional do TCA, e a obesidade como TCA, seguidamente a educadora social da asociación e especialista en educación emocional, Paula Carreira Sotelino, comentará as estratexias que se deben seguir desde a educación emocional na intervención con TCA e terminará o acto con Natalia Taboada Touzón, traballadora social e mediadora familiar, voluntaria de CIOR GALICIA que explicará as estratexias que se teñen que seguir desde a educación familiar na intervención dos pacientes con lestes transtornos.

CIOR GALICIA (Asociación de Prevención e Axuda aos  TCA) é unha entidade de recente creación que ten como finalidade levar a cabo un importante labor de concienciación e sensibilización sobre os Trastornos da Conduta Alimentaria ao mesmo tempo, brindar información, asesoramento e apoio aos afectados, e ás familias dos mesmos.  CIOR ten  como principal obxectivo, previr,  detectar e contribuír á superación do  TCA

Nace como resposta a unha necesidade na nosa comunidade autónoma, ao ser escasos os recursos de atención a estas persoas e ás súas familias.

Para saber máis sobre o traballo CIOR GALICIA, poden consultar a seguinte ligazón, onde atoparán unha entrevista que a asociación concedeu en setembro a  Xornal de Lemos 

ÚLTIMAS

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...