CIG-Saúde Monforte denunciou o 19/10/2023 no Comité de Atención Primaria da Área Sanitaria as elevadas temperaturas que tivo a instalación sanitaria do Centro de Saúde e PAC de Quiroga no verán de 2023. O 12/01/2024 presentáronse por Rexistro 17 comunicacións de riscos laborais no Comité de Seguridade de Hixiene no Hospital Público de Monforte de Lemos onde os traballadores manifestaron o seu malestar ante a situación vivida no período estival do ano anterior.
Nestes escritos os traballadores relatan o acontecido nos meses de xullo e agosto con temperaturas de ata 31 graos dentro da instalación sanitaria e en moitos días superiores a 27 graos. “Queremos destacar cos centros sanitarios conforme ao RD 486/1997 teñen que ter en inverno unhas temperaturas de 20 e 24 graos e de 23 e 26 graos no verán e unha humidade do 30/70%, valores que con creces se superaron”, asegura a CIG-Saúde.
O día 19/04/2024 CIG-Saúde Monforte presentou unha denuncia en Inspección de Traballo de Lugo relatando o que acontecía neste centro e que pacientes “que acudiron o verán pasado por patoloxías graves agraváronse pola calor que facía, empeorando o seu proceso de urxencia e creado situacións de risco”.
O día 07/06/2024 esta Organización Sindical presenta un escrito de comunicación de risco inminente. “Os traballadores comunicannos as altas temperaturas que volve a soportar este centro. ¿Cales foron as medidas tomadas pola Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos? Como sindicato queremos manifestar o noso rexeitamento ao modo de actuar que tivo o SERGAS. Non tomaron medidas dende outubro do 2023, fixeron caso omiso ao requirimento de Inspección de Traballo e esperan a colocar os sensores de medición xusto cando baixan as temperaturas”, aseguran desde a CIG.
A Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos non teñen ningunha consideración polos pacientes e os traballadores do Centro de Saúde e PAC de Monforte. Todo ésto nos parece unha mofa.
Praza de traballadora social e fisioterapia no servizo de atención primaria de quiroga
O Servizo de Atención Primaria de Quiroga componse dos municipios de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Caurel. A traballadora social que teñen asignada de referencia é a de Monforte de Lemos cun cupo de máis de 30.000 habitantes. CIG-Saúde de Monforte ten pedido en varias ocasións no Comité de Atención Primaria a creación dunha traballadora social propia para este SAP, petición que foi rexeitada.
O mesmo acontece con Fisioterapia. Hai anos creouse unha unidade para levar pacientes crónicos e determinadas patoloxías conforme a protocolos establecidos polo Hospital Público de Monforte. Ao pouco tempo pechouse. Desde o sindicato destacan a importancia da rehabilitación nos pacientes e insisten en que se se crearaa esta unidade moitos poderían recibir tratamentos, mellorar as súas patoloxías e non ter que soportar longas listas de esperas.
peche consultrio de currelos
CIG-Saúde denuncia o peche da consulta do médico do Consultorio de Currelos. “O Saviñao é un municipio con moita dispersión xeográfica e se un médico de Escairón tivera que ir a un domicilio pertencente ao Consultorio de Currelos pode haber uns 30 kms, indo por estradas secuendarias e podendo tardar máis de 30 minutos. A iso hai que lle sumar que non coñecen moitas parroquias adscritas a este Consultorio e sería moi doado perderse. ¿Que acontecería se xurdira unha urxencia vital”, pregúntanse desde o sindicato.

