HomeTerra de LemossanidadeA Valedoría do Pobo atendeu as queixas de Chantada quere Sanidade e...

A Valedoría do Pobo atendeu as queixas de Chantada quere Sanidade e dirixiu recomendacións á Consellería de Sanidade

Chantada quere Sanidade tiña denunciado a grave situación que viviu o Centro de Saúde de Chantada, pois non contaba co persoal médico nin de enfermería dabondo para dar resposta a unha poboación de preto de 8000 habitantes, cifra aínda maior se falamos da atención de urxencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma veciñal Chantada quere Sanidade segue traballando a prol dunha atención sanitaria pública, digna e universal na comarca de Chantada, así como por un Hospital Comarcal de Monforte de Lemos que teña dotación de persoal axeitada de suficiente para a poboación da área.

Unha das accións desenvoltas, após as grandes mobilizacións que a Plataforma convocou, foi a incoación dun expediente diante da Valedoría do Pobo, que se resolveu recentemente.

A Valedora do Pobo indícalle á Xunta que “sería preciso avanzar na procura de mecanismos que permitan solucionar a cobertura das prazas vacantes e ausencias xustificadas en atención primaria no ámbito rural”. Ao tempo, María Dolores Fernández Galiño advirte que tamén é mester “reforzar os mecanismos de información á poboación de xeito que, os doentes coñezan as diferentes opcións dispoñibles no caso de que poidan atopar problemas de acceso á asistencia sanitaria orixinados pola falta de profesionais sanitarios que permitan cubrir as prazas vacantes e ausencias xustificadas nos seus centros de saúde”. Segundo asegura a Plataforma “non podemos ser os pacientes e administrados os que paguemos as consecuencias da deficiente xestión da Xunta en materia sanitaria”.

A Valedora lembra que xa ten trasladado a esta Consellería noutras ocasións a necesidade de coordinación ente as distintas institucións con competencias na materia para intentar resolver este problema de déficit estrutural de profesionais especializados. Concretamente, ten feito as seguintes propostas:

  • Axustar as prazas universitarias de formación e as prazas vía MIR hospitalarias e vía MIR nos centros de saúde coas necesidades reais de persoal cualificado da administración sanitaria.
  • Informar sobre as virtudes da especialidade de medicina familiar a nivel das universidades co obxecto de facer esta especialidade médica máis atractiva para os estudantes de medicina.
  • Reforzar especialmente a formación continuada no eido da atención primaria.
  • Desenvolver un programa de incentivos entre os facultativos que permita cubrir as prazas desertas de difícil cobertura.

De manterse esta situacuón a Plataforma considera imprescindíbel que se facilite información sobre todos os recursos asistenciais dispoñíbeis á poboación afectada por estas vacantes non cubertas.

A Consellería de Sanidade ten o prazo dun mes para aceptar a resolución formulada e para explicar as medidas adoptadas para darlle cumprimento, de acordo do artigo 32.2 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, da Valedora do Pobo. Estas cuestións serán integradas no informe anual ao Parlamento de Galicia que emite a Valedoría con especificación das suxestións ou recomendacións admitidas pola administración pública galega.

A Plataforma Chantada quere Sanidade agradece o apoio recibido “por centos de veciñas e veciños que nos alentan a seguir traballando por unha atención sanitaria de calidade para todos e todas” e espera que a Xunta e a Consellería de Sanidade tomen boa nota, “pois no interior galego estamos padecendo unha discriminación clara pola deficiente atención sanitaria, que nas nosas comarcas se ve acrecentada polo desmantelamento do Hospital Comarcal de Monforte”.

ÚLTIMAS

O libro ‘Diario de Lugo, 1936’ de Ben-Cho-Shey, preséntase este 18 de decembro na Pobra do Brollón

Este mércores, 18 de novembro, preséntase na Pobra do Brollón o libro Diario de...

Clausúrase en Chantada o obradoiro Serra do Faro VIII e bota andar a IX edición

Coincidindo coa clausura, inaugurábase a IX edición que toma o relevo do anterior, tamén...

Cita co teatro este 18 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

A compañía Teatro do Miolo representará a obra para todos os públicos Saíndo do...

O Goberno destina 10 millóns de euros para renovar o abastecemento en Monforte

Segundo informou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), este...