HomeTerra de LemossanidadeUnanimidade do Consello Municipal de Saúde de Monforte para reclamar un novo...

Unanimidade do Consello Municipal de Saúde de Monforte para reclamar un novo mamógrafo para o Hospital

Este martes celebrouse sesión extraordinaria do Consello Municipal de Saúde cun único punto na orde do día, abordar a situación sanitaria do Concello de Monforte de Lemos, e en concreto a problemática derivada da avaría do mamógrafo do Hospital Comarcal de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A avaría do mamógrafo produciuse no mes de xuño do pasado ano 2024, polo que dende que se confirmou este aspecto, aumentou a inquedanza daquelas mulleres que fixeron probas con dito aparato, estando xa estropeado. Neste senso, o Consello incidiu na necesidade de que a Xunta se pronuncie sobre a validez destas probas que se fixeron co mamógrafo avariado, para que as persoas poidan estar tranquilas. E tamén, que dende a Consellería se lles dea a opción, a aquelas mulleres que o desexen, de repetir a proba, para a súa tranquilidade e saúde.

O Alcalde destacou que “non podemos permitir que o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos teña un mamógrafo con deficiencias, xa llo expresei en anteriores ocasións e reitéroo de novo, os monfortinos e as monfortinas non somos cidadáns de segunda”.

Por outra banda, tamén se abordou na xuntanza a falta de especialistas no Hospital Comarcal de Monforte, algo que xa se tratara na anterior xuntanza do Consello Municipal de Saúde, logo da cal se dera traslado á Consellería de Sanidade destas carencias. Pero esta situación de falta de especialistas, lonxe de mellorar, empeorou. Á lista de falta de especialistas recentemente engadiuse a consulta de dermatoloxía, que obriga ós pacientes a ir a Lugo.

Tras o debate, e a proposta do alcalde, o Consello Municipal de Saúde adoptou por unanimidade os seguintes acordos:

  1. Requirir á Consellería de Sanidade que dote dun novo mamógrafo ó Hospital Comarcal de Monforte, á maior brevidade posible, evitando os desprazamentos das mulleres a Lugo para realizar as probas correspondentes, ben sexa de cribado como de probas diagnósticas.
  2. Requirir á Xunta de Galicia (SERGAS) que se pronuncie sobre a validez das mamografías que se levaron a cabo dende o inicio da posible avaría do mamógrafo no mes de xuño.
  3. Que a Consellería de Sanidade ofreza a opción de repetir as mamografías ás pacientes que así o soliciten para a súa tranquilidade.
  4. Que a Consellería de Sanidade cubra as carencias de especialistas do Hospital Comarcal de Monforte, nomeadamente en: en dixestivo, psiquiatría, rehabilitación, pediatría, radioloxía, laboratorio, hematoloxía e dermatoloxía.
  5. Dar traslado deste acordo do Consello Municipal de Saúde, ó Sr. Conselleiro de Sanidade, ó Sr. Xerente do SERGAS, ó Xefe da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e á Xerente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....