HomeTerra de LemossanidadeConcentación o 19 de decembro no Centro de Saúde de Chantada pola...

Concentación o 19 de decembro no Centro de Saúde de Chantada pola redución da atención primaria

Segundo a Plataforma, nas últimas semanas houbo no Centro de Saúde moitas xornadas nas que se contaba con dous médicos de atención primaria para atender ás preto de 8.000 persoas, "A previsión é que esta situación se prolongue durante todo o mes de decembro, un período especialmente crítico polos picos de demanda asistencial propios do inverno".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma veciñal Chantada quere Sanidade convoca a concentración do venres, 19 de decembro, ás 12:30h, diante do Centro de Saúde de Chantada “ante a situación límite que están sufrindo profesionais e usuarios do centro”. Aseguran que será a primeira medida doutras, para denunciar a falta de médicos e reclamar unha atención digna ás persoas usuarias.

A plataforma denuncia que, “as ausencias dos profesionais médicos debido a baixas ou vacacións cúbrense de xeito alterno con persoal alleo ao centro, sen continuidade asistencial e sen asumir tarefas esenciais o que provoca que moitos doentes non consigan cita ou non teñan quen os atenda”, e lembran a sobrecarga que teñen os profesionais que traballan diariamente.

“Hai doentes que xa dende finais de novembro non poden obter cita con algún dos médicos que prestan servizo neste centro de saúde. Estamos a falar de máis dun mes de espera para unha cita de atención primaria”, insisten.

Esta plataforma veciñal denuncia que “anos de falta de previsión e unha xestión deficiente por parte das administracións deixan, unha vez máis, á veciñanza desasistida. A situación reflíctese no día a día do centro, onde se vive un ambiente de incerteza permanente”. Engaden a saturación que isto provoca no o servizo de Urxencias do Hospital Comarcal de Monforte.

Centro saúde Chantada / Chantada quere Sanidade

ÚLTIMAS

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...