Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as medidas adecuadas neste tipo de situacións e dar todo o seu apoio ás traballadoras, que “actualmente se sinten totalmente desprotexidas”.
Lembran que é obriga da Dirección que o entorno onde se presta a asistencia, sexa un entorno seguro para o persoal e instan á Dirección a asumir as súas responsabilidades, “escoitar as demandas do persoal, ver en que condicións se traballa e actuar para mellorar se se ve necesario”.
A CIG Saúde asegura que as queixas das traballadoras, están relacionadas principalmente con agresións verbais, “ameazas que moitas veces se producen cando ao preguntar polo paciente, se lles contesta que non se poden dar datos pola lei de protección”.
Nesta situación, o sindicato convoca unha concentración na entrada principal do Hospital para este xoves, día 5 de xaneiro, ás 12:00h co lema: Stop agresións.

