HomesociedadeTecnoloxía de última xeración en Sober para a 'desescalada'

Tecnoloxía de última xeración en Sober para a ‘desescalada’

O Concello de Sober prepárase de cara á 'nova normalidade' adquirindo diferentes dispositivos para controlar a posible expansión do COVID-19 e facilitar os traballos de limpeza e desinfección.

Publicado o

- Advertisement -

O concello soberino vén de mercar termómetros para o control de temperatura con tecnoloxía infravermella e cámara termográfica que estarán nos edificios públicos -Casa do Concello, Casa de Cultura, Gardería ou Oficina da Turismo, entre outros-, purificadores de aire ionizadores e antibacterianos con luz ultravioleta e pediluvios desinfectantes que se instalarán nos edificios públicos.

Para a desinfección de vehículos e outros espazos públicos pechados onde se celebren actividades, tales como o ximnasio municipal, pavillón polideportivo ou o auditorio da Casa da Cultura adquiriron un xerador de ozono.

Ademais do anterior, lembran que dende hai anos contan con dispensadores de xel hidroalcohólico instalados en todas as dependencias municipais.

Todas as medidas devanditas teñen como obxectivo que os veciños e veciñas poidan saír das súas casas cunha maior confianza e nunhas condicións óptimas de seguridade para manter afastado, na medida do posible, o COVID-19.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...