HomeMedio ambiente e PatrimonioA primeira ecolagoa da Ribeira Sacra está en Sober

A primeira ecolagoa da Ribeira Sacra está en Sober

Este novidoso sistema de saneamento de augas residuais instalouse en Francos, Doade e contou cun orzamento de 75.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A ecolagoa é un sistema que ten como función devolverlle a vida á auga. Trátase de que despois de usar a auga poida volver ao seu estado orixinal a través de depuradoras mediante sistemas baseados no emprego de lagoas e humedais construidos para os procesos de depuración.

O obxectivo é que a auga regrese ao medio tal e como saiu del, garantizando a súa reutilización e súa reintegración na natureza sen provocar danos. Búscase a maior sostibilidade posible no proceso de depuración.

A obra que  tivo un orzamento de 75.000 euros fíxose con cargo ao Plan Único 2017. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián asegura que se trata dun paso máis que deixa clara a aposta do concello polo saneamento do rural. Ao que nos últimos anos hai que sumar a planta depuradora e a mellora da rede de sanamento en Doade e o saneamento e depuración de varios núcleos. Actuacións ás que se destinaron 800.000 euros. Aseguran desde o goberno local que nos próximos meses se acometerán novos traballos de saneamento noutros núcleos rurais.

 

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...