HomesociedadeSober inviste 140.000€ na mellora da rede municipal de augas

Sober inviste 140.000€ na mellora da rede municipal de augas

Execútanse tres proxectos de xeito simultáneo, que suporán melloras en toda a rede municipal, intervencións en Telleiros e Anllo e a instalación de 20 contadores electrónicos para controlar fugas e enganches ilegais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober acomete este verán obras por importe de 140.000 euros para a mellora, ampliación e automatización da rede municipal de augas. Os pasados días deron comezo as obras de tres proxectos. Dous deles realízanse ao abeiro de dúas axudas da Xunta de Galicia a través dunha achega de 100.000 euros; unha delas da Vicepresidencia Primeira e outra de Augas de Galicia.

A actuación mellorará a rede municipal, na que se van cambiar dous tramos de tubaxe de fibrocemento (100 metros aproximadamente), substituiranse varias chaves de corte, vanse colocar redutores de presión e melloraranse varias arquetas. No marco desta intervención está previsto ademais cambiar un tramo de 300 metros da rede no lugar de Telleiros.

Por outro lado, vanse colocar arredor de 20 contadores electrónicos de tramo en diversas zonas. O principal obxectivo desta intervención é detectar facilmente posibles fugas ou enganches ilegais á rede. Son contadores de última xeración que miden o consumo de modo automático e pode detectarse ao instante unha fuga ou outra anomalía mediante avisos de alarma que recibe o persoal de mantemento no seu teléfono ou noutro dispositivo electrónico.

O terceiro dos proxectos é a ampliación da rede na parroquia de Anllo, unha actuación á que se van destinar 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2023.

Obras abastecemento / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...