InicioEconomíaInvestimentos para proxectos no agro e servizos públicos no rural

Investimentos para proxectos no agro e servizos públicos no rural

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou actuacións para axudas a proxectos que poñan en valor terras no rural e tamén investimentos relacionados con melloras no servizo de estradas da rede viaria.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, informou este venres da aprobación de investimentos superiores aos 1,6 millóns de euros. Os fondos destinaranse á mellora de servizos públicos en zonas do rural, ao impulso do sector agrogandeiro e á posta en valor do territorio.

Á recuperación de terras abandonadas, e co fin de poñelas en valor, destinaranse 100.000 euros con axudas en concorrencia competitiva que estarán á disposición de gandeiros/as, agricultores, agrupacións de produtores, SATs e veciños/as que sexan titulares de explotacións. Trátase da reedición do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, plan de notable éxito na primeira convocatoria que nos vindeiros días estará aberto de novo a posibles interesados/as. Daranse a coñecer as bases e o prazo para solicitar as axudas que son de 500 euros por hectárea cun máximo de 9.000 por beneficiario/a.

200.000 euros destinaranse á dotación e instalación dunhas 120 marquesiñas nos concellos de toda a provincia. A concellos que teñen un maior número de quilómetros de estradas provinciais corresponderanlle un mínimo de 2 marquesiñas, que no sur de Lugo irán para O Saviñao, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón e Carballedo. Para concellos de menos quilometraxe de vías provinciais irá polo menos unha marquesiña.

No que respecta á mellora en vías da rede viaria, investiranse 200.000 euros para arranxar uns 5 quilómetros de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria: de Samos por Pintín a Sarria e de Pedrafita por Sabadelle a Vilanova de San Vicente de Froian; e preto de 390.000 euros destinaranse á mellora de 8 quilómetros da estrada de Ferreira a Currelos, no Concello do Saviñao.

No mesmo anuncio da Deputación de Lugo informouse da achega de case 40.000 euros para a construción dunha pista polideportiva na parroquia de Rosende, no Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...