HomePolíticaMáis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

O BNG de Monforte organizou esta semana a proxección do filme documental sobre Moncho Reboiras nos multicines Hollywood da cidade, un acto que contou coa presenza de máis dun cento de persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da UPG nos anos 70, Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón, participantes no documental e testemuñas privilexiadas daqueles anos de loita e represión. Ambos foron, ademais, das últimas persoas en ver con vida a Moncho Reboiras antes do seu asasinato a mans da policía franquista en agosto de 1975.

No coloquio participou tamén Alberte Mera, director da película, que compartiu co público as motivacións e o proceso de elaboración do filme, así como a importancia de preservar e divulgar a memoria das persoas que, coma Reboiras, entregaron a súa vida pola causa do pobo galego.

Desde o BNG de Monforte agradecen a participación no acto, e a colaboración da Fundación Terra e Tempo, e moi especialmente a Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón, “non só pola súa presenza, senón pola súa traxectoria vital na recuperación dun movemento político galego en tempos nos que facer política podía custar a vida. O seu testemuño é unha lección de dignidade, compromiso e memoria que debemos preservar”, apuntan desde o BNG.

Reboiras proxección / BNG Monforte

ÚLTIMAS

Confirman a condena por violación a unha coidadora en Monforte

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Citan de novo a declarar á denunciante da investigación contra José Tomé

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte e ex presidente da Deputación...

Inaugurado o novo aparcadoiro do P.I. do Reboredo

A construción deste novo aparcamento supuxo un investimento total de 305.250,57 euros, financiado exclusivamente...

Programación Cultural de Verán en Ribas de Sil e chegan novos concertos o día 12 a San Clodio

A programación cultural do Concello de Ribas de Sil para este verán recolle propostas...