InicioSucesosO temporal 'Fabien' zoa con forza na provincia e interrompe varios trens...

O temporal ‘Fabien’ zoa con forza na provincia e interrompe varios trens de Monforte

8.500 fogares quedaron sen luz en todo Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O temporal ‘Fabien’, que afectou Galicia ao longo deste sábado, deixou refachos de vento que superan os 140 quilómetros por hora en varias localidades galegas e mostrou a súa maior intensidade na localidade lucense de Viveiro, onde os refachos alcanzaron os 183,6 quilómetros por hora. Así o poñen de manifesto os datos recolleitos polos sensores de Meteogalicia, que mediron tamén ventos de 155 quilómetros por hora na montaña dos Ancares, en Cervantes, ou por encima dos 130 na Pontenova e Burela.

En toda a provincia de Lugo rexistráronse 127 incidencias, a meirande parte delas debido a caída de árbores e ramas en vías de circulación, as accións de prevención de risco, derrubes, cables da luz e teléfono nas estradas e postes caídos nas calzadas.

TREN E ESTRADAS

As liñas ferroviarias viron incrementadas as problemáticas nas súas infraestruturas a medida que avanzou a xornada, pero ata as 19,00 horas da tarde todas permanecían abertas, confirmaron fontes de Renfe. No entanto, a circulación está a ser “complicada e con atrasos” polas “numerosas incidencias” que están a rexistrar.

Así pois, a circulación interrompeuse entre dous lugares da provincia de León (Porqueros e Veiga-Magaz) que afectaron aos trens que circulaban entre León e Monforte de Lemos. Ao mesmo tempo, cortouse a liña que conecta A Coruña con Monforte de Lemos ao seu paso por Lugo despois de que dúas árbores se derrubasen sobre a vía sen deixar ningún ferido, engadiu o 112 Galicia.

En canto ás estradas, a autovía A-8 segue restrinxida a vehículos pesados e ten unha alerta de nivel vermello. Este tipo de automóbiles teñen que circular por unha estrada convencional como alternativa.

FOGARES SEN LUZ

As incidencias causadas polo temporal deixaron sen luz este sábado a uns 27.000 fogares galegos e mantén os operarios traballando para restablecer a subministración canto antes. En concreto, segundo confirmaronfontes de Naturgy, na tarde deste sábado permanecen con problemas de subministración eléctrica uns 9.700 fogares na provincia de Ourense, 8.500 en Lugo, uns 7.000 na Coruña e 1.800 na provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...