HomeComarca de ChantadaCarballedoNovas achegas ao patrimonio, historia e memoria da comarca de Chantada

Novas achegas ao patrimonio, historia e memoria da comarca de Chantada

Publicado o

- Advertisement -

O número tres de “Alicerces. Revista de estudos do Miño medio” xa está á venda nas librarías da comarca de Chantada. Este novo volume foi presentado o pasado sábado coa presenza da deputada provincial Pilar García Porto e os integrantes do consello de redacción Claudio Otero e Xosé Méndez.

Neste novo número hai interesantes achegas ao patrimonio, á historia de á memoria do Saviñao, Panto e Chantada. Así, pódense atopar artigos que afondan nos lugares primitivos de enterramento da zona, personaxes relevantes como Xoana das Seixas, as causas do despoboamento da comarca, ou novos documentos do mosteiro de San Salvador de Asma.

Seguindo a tónica dos tomos anteriores, a historia, a economía, a sociedade e a cultura dos Concellos de Chantada, Carballedo, Pantón, O Saviñao e Taboada son os eixos desta publicación.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...