HomePolíticaO BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Segundo Rosana Prieto Florines, portavoz do grupo nacionalista de Pantón, a resposta da Xunta á pregunta do deputado do BNG polo sur de Lugo, Iago Seara “é unha falta de respecto á veciñanza. A amortización da praza do terceiro facultativo implícita na resposta da consellaría, era algo que viñamos denunciando hai tempo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos no concello, “Das catro consultas coas que contaba o cento de saúde de Ferreira, perdemos a primeira por xubilación do seu titular, e unha segunda deixou de dar servizo por traslado do facultativo. A día de hoxe, unicamente atenden á veciñanza dous facultativos”.

Esta mingua de persoal, aseguran que se traduce na diminución da calidade asistencial, dando como resultado tempos de espera moi prolongados, ou citas a varios días vista. Esta situación vese empeorada cando os facultativos teñen que saín facer unha urxencia ou collen unha baixa por enfermidade, co que só atende un médico.

Ante esta situación, o deputado do BNG polo sur de Lugo, Iago Seara, presentou recentemente unha pregunta no Parlamento de Galicia interesándose polas consultas pechadas en Pantón, solicitando que se cubran as prazas. Afirman que a Consellería respostou, “O centro de saúde de Pantón mantén a súa organización
habitual e dispón de dous profesionais médicos”, o que confirma, aseguran “a súa negativa a cubrir a praza vacante”.

Para Rosana Prieto, a resposta da Xunta, afirmando que o centro de saúde de Pantón mantén a súa “organización habitual, é unha falta de respecto á veciñanza”. A concelleira nacionalista engade que o proxecto do novo centro de saúde só contempla dúas consultas e volve a preguntalle ao rexedor local, que pasa coa terceira consulta prometida.

ÚLTIMAS

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...