Homesociedade“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e outros membros do Equipo de Goberno participaron este sábado na concentración contra a guerra en Oriente Medio que tivo lugar na Praza de España, unha das 150 concentracións convocadas pola plataforma Parar La Guerra baixo o lema: “Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os asistentes amosaron o rexeitamento ao conflicto bélico recollido nun  manifesto que condena os ataques executados por EE.UU e Israel contra Irán, “que supoñen unha violación do dereito e a legalidade internacional. Son unha grave ameaza para a paz na rexión e un perigo para a paz mundial”.

Así mesmo, continúa o texto, “condenamos con enerxía o réxime criminal dos aiatolás e o asasinato de miles de persoas nos últimos meses. Todo o noso apoio ao pobo iranio, en especial ás mulleres, na súa loita pola democracia e a igualdade. É o pobo iranio quen debe decidir o seu futuro”.

A plataforma Parar la Guerra fundouse en outubro de 2023 cun manifesto que denunciaba o xenocidio en Palestina. Actualmente está conformada por 130 organizacións, entre elas a Asociación Iraniana polos Dereitos Humanos, creada en 2009 e que loita por unha longa lista de causas, entre elas, a defensa das mulleres, contra as execucións e pola liberación dos presos políticos. Apoiaron as protestas contra o réxime en 2018 e 2019, así como todo o movemento “Mulleres, Vida e Liberdade” en 2022 tras o asasinato de Jina Mahsa Amini.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...