HomeComarca de ChantadaChantadaO bombeiros acadan a equiparación salarial

O bombeiros acadan a equiparación salarial

A loita pola equiparación salarial dos bombeiros da provincia de Lugo ven dende o ano 2016 cando os profesionais deste sector comezaron a realizar mobilizacións ante tal feito

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL, os bombeiros da provincia de Lugo mobilizáronse constantemente ante o que consideraban unha discriminación, pois realizando o mesmo traballo cos profesionais doutras provincias, o seu salario era inferior.

No mes de maio a Deputación adquiriu a presidencia do Consorcio de Bombeiros. Dende ese momento, os esforzos por parte do goberno provincial de acadar a equiparación salarial foron constantes.

Deste xeito, o 27 de xuño, Darío Campos, presidente do Consorcio, anunciou que 117 membros dos parques da provincia de Lugo cobrarán o mesmo cos dos restos de provincias de Galicia. Esta suba salarial xa se vai aplicar na nómina de xuño e ademais, o acordo, que ten carácter retractivo, vai supor que os profesionais cobrarán a suba dende o mes de xaneiro. Esta suba económica vai supoñer un incremento salarial de 660.000 euros ó ano.

Campos destacou que, “con este aumento imos acabar ca discriminación salarial que sufrían os bombeiros lucenses. É unha mellora das condicións que levaban reclamando dende 2016 e que non se puido materializar antes pois a Xunta de Galicia non achegara os 330.000 euros que deberían de ter achegado”.

novos equipamentos

Os Parques de Bombeiros de Monforte Sarria e Chantada, son os 3 centros do sur lucense que se van a dotar de novos equipamentos para que os profesionais poidan afrontar a época de incendios, entre xullo e setembro, con todas as garantías. Esta actuación vai supor dotar os bombeiros de novas liñas de vida, adquisión dun vehículo de mando para o parque de bombeiros de Monforte  pois é o único de toda a provincia que aínda non o ten, compra de terminais TETRA portátiles, adaptadas para o persoal dos parques que xestiona o Consorcio, dotación dun segundo traxe de intervención para o persoal dos parques, prover de novas taquillas e adquisión de 6 tablets para situar nos camións BUL.

 

ÚLTIMAS

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...