HomePolíticaAgroma Sober presenta moción polos cortes de luz de decembro

Agroma Sober presenta moción polos cortes de luz de decembro

Sober foi un dos concellos máis afectados polos cortes de suministro eléctrico durante o paso da borrasca “Fabien” en torno ao 21/22 de decembro. Naquel entón chegou a estar sen luz ou con cortes a práctica totalidade do Concello. Ademais dos prexuízos pola falta tan prolongada de suministro eléctrico, as persoas afectadas sinalan que pasaron horas sen que o servizo de atención telefónica da compañía Naturgy atendese chamadas.

Publicado o

- Advertisement -

Lembran desde Agroma Sober, que as persoas afectadas polos cortes teñen dereito a reclamar compensacións polos danos e prexuízos cando as interrupcións no servizo eléctrico pasan de 5 horas en zonas urbanas e de 19 nas rurais, límite que moitos fogares de Sober traspasaron amplamente. A formación política denuncia o mal servizo que prestan as compañías eléctricas no rural galego, “cunha evidente falta de mantemento das liñas, así como o desleixo e incapacidade do goberno galego – debido á connivencia do poder político con estas grandes empresas – por esixir un trato digno, facendo presión a través dos contratos públicos de suministro eléctrico. Non se debe normalizar unha situación na que o rural quede máis de 24 h sen suministro eléctrico, pois non somos cidadanía de segunda clase.”

Polo exposto, o Grupo Municipal de Agroma Sober, propón ao Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

  • Fornecer apoio dende o Concello de Sober para facilitar as reclamacións e/ou compensacións ás persoas afectadas polos cortes no suministro eléctrico.
  •  Trasladar dende o Concello de Sober perante o Instituto Galego de Consumo, de ser viable, unha demanda colectiva polo mal servizo das compañías eléctricas, tanto pola tardanza na solución dos cortes de suministro como polo pésimo servizo de atención telefónica.
  • Esixir á empresa a sustitución ou arranxo do transformador Rigueiro 2 para evitar que siga dando problemas.
  • Esixir á empresa un protocolo de actuación ante situacións deste tipo que eviten tantas horas de corte do suministro.
  • Trasladar á Xunta que informe do expediente informativo a Gas Natural supostamente motivado en 2017.
  • Trasladar á Xunta que establecer normativamente o dereito das persoas consumidoras e usuarias a seren atendidas en galego polas empresas que prestan servizos ou subministran bens en Galiza, con independencia da situación da súa sede social, establecendo, para os servizos de atención telefónica, que o tempo máximo de chamada en espera da clientela na opción de galego nunca sexa superior ao disposto para o castelán.

ÚLTIMAS

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...