HomeMedio ambiente e PatrimonioA Devesa da Rogueira, recoñecida internacionalmente pola xestión sostible dos seus recursos

A Devesa da Rogueira, recoñecida internacionalmente pola xestión sostible dos seus recursos

O corazón verde do Courel é o primeiro bosque español e o segundo en Europa en obter a certificación da Forest Stewardship Council.

Publicado o

- Advertisement -

A Devesa da Rogueira, na Serra do Courel, é o primeiro bosque en España e o segundo en Europa en recibir a certificación da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC) pola “exemplar xestión sustentable dos seus recursos”, así como pola súa “conservación da biodiversidade”.

As 615 hectáreas deste monte veciñal de Folgoso sitúanse como a maior contorna forestal e o corazón verde da Serra do Courel. Os seus veciños viron “recoñecidos os esforzos por conservar a rica biodiversidade” da zona, segundo sinalou a presidenta de FSC España, Genoveva Canals, encargada de entregar o certificado este martes.

En concreto, destácase o “uso de boas prácticas silvícolas acordes coa conservación da biodiversidade” e abre a posibilidade a recibir investimentos, públicos ou privados, que “axuden a manter a súa extraordinaria riqueza natural”, tal e como explica FCS España nun comunicado.

ENCLAVE ÚNICO EN GALICIA

A Devesa da Rogueira considérase un “enclave único en Galicia”, parte da Rede Natura 2000 e declarado pola Xunta como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, que destaca pola súa diversidade arbórea e á que acoden turistas de natureza, sendeiristas e investigadores da biodiversidade.

Pola súa banda, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, espera que “sexa unha oportunidade para promover o gran potencial” do concello e aspira a que o bosque “siga sendo unha fonte de recursos sustentables para os seus veciños”. A rexedora destacou que, grazas á venda de madeira do bosque no século pasado, púidose instalar a luz eléctrica na vila e construírse a actual escola.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...