HomePolíticaO BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

O BNG de Monforte de Lemos considera necesario que se aclaren as dúbidas formuladas por un grupo de aspirantes ás prazas da Policía Local, despois de coñecerse que presentaron unha reclamación ante o Concello e trasladaron as súas preocupacións á Valedora do Pobo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na que catro aspirantes conseguiron acertar as cen preguntas do exame, suscitaron interrogantes que merecen unha resposta clara e fundamentada. A este respecto aseguran que “non se trata de cuestionar os resultados obtidos por ningunha persoa nin de poñer en dúbida o traballo do tribunal cualificador, senón de garantir que todas as persoas participantes teñan a certeza de que o procedemento se desenvolveu con absoluta transparencia e igualdade de oportunidades”.

Piden que o tribunal responsable do proceso examine as reclamacións presentadas e ofreza as explicacións necesarias sobre a elaboración, custodia e desenvolvemento das probas, respectando en todo momento a súa independencia; e esperan que o Concello, como administración convocante, facilite estas cuestións para que as persoas aspirantes reciban unha resposta axeitada.

“A transparencia é a mellor maneira de despexar calquera dúbida e preservar a confianza nos procesos de acceso ao emprego público”, conclúen.

ÚLTIMAS

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...