HomeCultura“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 5 de novembro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación da obra “Os dous de sempre”, a cargo do dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección de Quico Cadaval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano. O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.

Nesta ocasión, Mofa & Befa danlle vida sobre as táboas a Pedriño e Rañolas, dous personaxes concibidos por Castelao na súa faceta de humorista gráfico. Amigos inseparables, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista. “Os dous de sempre” está escrita por Quico Cadaval e Carme Varela, e dirixida por Quico Cadaval. A escenografía corresponde a Baltasar Patiño, que se encarga tamén do deseño de iluminación; o vestiario é de Carlos Alonso, e música e o deseño de son, de Bernardo Martínez. O elenco está formado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Port.

A seguinte cita co teatro será este venres, 6 de novembro, ás 20:00 h na Casa da Cultura coa obra “A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro. O xoves 12 de novembro ás 20:15 h a representación será no Edificio Multiusos, Sarabela Teatro porá en escea “A Metamorfoso”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...