A intervención consistirá na colocación de paneis informativos. Tamén se executarán varias obras como a formación de cunetas en diferentes tramos, a colocación de pasos de auga e o estendido dunha pequena capa de zahorra nalgúns puntos. A ruta que se habilitará forma parte dunha ruta circular na que se pode apreciar a paisaxe característica do Sil xunto coa diversidade da flora e fauna e o patrimonio arqueolóxico e arquitectura románica e tradicional. O proxecto pretende centrarse no interese xeolóxico da zona, xa que no trazado existen formacións xeolóxicas interesantes como o denominado “Ollo de sapo”.
A axuda responde a un programa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para colaborar con concellos e particulares na conservación e acondicionamento dos espazos incluídos na Rede Natura 2000. Segundo apunta do delegado territorial, José Manuel Balseiro, con este programa fináncianse actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, culturais e naturais importantes para o mantemento da paisaxe e das condicións ambientais que os caracterizan.