HomesociedadeContacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

A actividade terá lugar ás 18:00h na Casa da Cultura e forma parte do programa de actividades do 25N do Concello de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para este domingo 24 de novembro ás 18:00h., no Salón de Actos da Casa da Cultura un Contacontos teatralizado de igualdade “Dúas nenas moi moi valentes” dirixido a público familiar. A obra cunha duración de 45 minutos ten entrada gratuíta ata completar o aforo.

A compañía Trémola Teatro, integrada por profesionais das artes escénicas, porá en escena a historia de dúas nenas que, nunha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.

Esta actuación está enmarcada dentro da programación que a Concellería de Muller e Igualdade, a través do Centro de Información a Muller, realiza co gallo do 25 de Novembro Dia Internacional para eliminación da violencia de xénero.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...