HomesociedadeOs veciños de Ribas de Sil desfrutan dun novo parque infantil na...

Os veciños de Ribas de Sil desfrutan dun novo parque infantil na Praia Fluvial

Os novos elementos adquiridos para os traballos de renovación do parque foron: mobiliario, papeleiras e bancos, elementos de xogo; como unha torre infantil, columpio cesta, areneiro, excavadora, balancín, torre ximnasio e casa de madeira.

Publicado o

- Advertisement -

No parque infantil Ribas de Sil situado na Area Recreativa da Praia fluvial de San Clodio realizáronse traballos de renovación dos elementos que conforman este espazo, que por mor do seu uso, atopábase nun avanzado estado de deterioro e desgaste. Tamén se fixo unha rexeneración do terreo coa colocación de céspede, así como o peche perimetral do mesmo, que se mudou coa colocación de novas vallas e dous paneis informativos sobre esta área.

Os novos elementos adquiridos para este parque son; mobiliario como papeleiras e bancos, e outros elementos de xogo como unha torre infantil, columpio cesta, areneiro, excavadora, balancín, torre ximnasio e casa de madeira. Esta praza conta tamén con xogos infantís e paneis informativos sobre a riqueza natural da zona.  A maiores destes traballos, instaláronse 2 rocódromos na praia fluvial de San Clodio para complementar as prestacións que xa ofrece este espazo.

O orzamento total desta obra ascende a 26.500 euros dos que a Deputación de Lugo achegou 10.000€

 

 

ÚLTIMAS

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...