HomesociedadePresentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A cita cos mellores caldos das 3 ribeiras que ten o Concello de Pantón terá lugar do 8 ao 10 de maio. Contará con 8 adegas expositoras e un gran programa musical, potenciaranse as catas, e o pregoeiro será o prestixioso enólogo e sumiller, Luis L. Paadín.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo lugar este mércores na adega Losada Fernández S.L., contou coa participación do alcalde do concello, José Luis Álvarez; a concelleira de Cultura, Cristina Domínguez; e o adegueiro anfitrión, Ramón Losada.

A cita mantén a estrutura de celebración da última edición, séguese con 3 días de celebración, ampliando ao venres e mantéñense as actividades vinculadas co viño que se iniciaron o ano pasado con sesión de cata maridaxe “Sabores da Ribeira Sacra” o venres, e a celebración o sábado da I Cata Popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

A concelleira de Cultura, Cristina Domínguez, destacou que estas actividades fanse en colaboración con Vinosacra, son gratuítas e teñen aforo limitado. Prégase, polo tanto, inscrición previa no teléfono 982 456 377. “O ano pasado funcionaron moi ben estas novidades e coas suxestións que fan as adegas seguimos cada ano mellorando a oferta de actividades”, sinala a concelleira.

ADEGAS PARTICIPANTES E INAUGURACIÓN

Participan da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Saíñas, Don Ventura e Corzoás (Capilla desculpa a súa ausencia nesta edición por motivos persoais). Na xornada do venres as casetas abriranse ás 19:00h e comezarase coa cata maridaxe, ás 20:30h será a inauguración a cargo de Xosé Manuel Merelles Remy, Director da Axencia de Turismo de Galicia.

Aproveitando que a mostra comezará axa o venres, coa apertura dos postos no recinto feiral ás 19:00 h., terá lugar a inauguración oficial coa presenza de Xosé Manuel Merelles Remy, Director da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, lembrou o carácter familiar da celebración e desexou unha boa climatoloxía para poder participar de todas as propostas da Mostra e desfrutar tamén dos recursos que o municipio ofrece ao visitante. “Temos as 3 ribeiras, a auga dos ríos e balneario, Augacaída, campo de golf, románico, paisaxe, tradición e moita festa de homenaxe ao viño durante 3 días”, afirmaba o alcalde.

Pola súa banda, o adegueiro Ramón Losada destacou o esforzo para mellorar esta celebración cada ano e o traballo diario nas adegas para conservar a calidade vinculada ao traballo na ribeira. Referíndose ao seu viño, comenta que “Don Ventura elabora unicamente viño tinto con uvas das ribeiras que temos no Sil e no Miño, entendemos que esa é a produción propia de aquí e aínda que hai un grande esforzo detrás, tradúcese en calidade”.

PROGRAMACIÓN AO DETALLE
VENRES 8 DE MAIO
  • 19:00h Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida Diego e Guillermo Centeno Marquina (cociñeiros do restaurante Vértigo, en colaboración con Ana Sofía Emidio Martínez (sumiller do restaurante Vértigo) e Vinosacra.
  • 20:30h Inauguración XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón por Xosé Manuel Merelles Remy, Director da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.
  • 20:40h Actuación da charanga Louband.
  • 23:00h Actuación do grupo musical Top Lider.
SÁBADO 9 DE MAIO
  • 12:00h. 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (primeira sesión).
  • 13:30h Brinde do Viño, simultáneo en toda España, por mor do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. Lugar: Campo da Feira.
  • 14:30h IX Festa da Empanada, no recinto do Castro. Haberá á venda empanadas e produtos da terra.
  • 17:00h 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (segunda sesión)
  • 20:30h Actuación da charanga Os Festicultores.
  • 23:00h Música a cargo do grupo Claxon.
DOMINGO 10 DE MAIO
  • 12:00h Recepción de autoridades no recinto feiral.
  • 13:00h Pregón da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de D. Luis L. Paadín, enólogo e sumiller. Profesor de Análise Sensorial e Servizo, Técnico de Viticultura e Enoloxía (Universidade de Vigo). Lugar: Campo da Feira.
  • 19:00h Actuación da orquestra Gran Parada.
SERVIZO DE AUTOBUSES

Para favorecer a asistencia e a participación no evento contarase con servizo de autobús con Monforte e Escairón. Aquí están informados os horarios.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...