IniciosociedadeAfectados polo peche do CEIP Frei Luís de Granada ven "inviable" un...

Afectados polo peche do CEIP Frei Luís de Granada ven “inviable” un curso na Escola Fogar

A Xunta licita por máis de 1,4 millóns a rehabilitación colexio, que leva pechado desde o mes de febreiro por problemas estruturais.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma de afectados polo peche do colexio Frei Luís de Granada, cualificaron de “inviable” a intención da Xunta de deixar a parte do alumnado deste centro en –uns 200 escolares– na Escola Fogar.

En declaracións a Europa Press, o portavoz da plataforma, Javier Pico, explica que “unha das consideracións que fai a consellería” para tratar a obra de urxente é “a posibilidade de risco para os nenos” sobre todo “durante os primeiros meses das obras”.

Neste sentido, lembrou que a Escola Fogar, á que se pretende trasladar a estes nenos, comparte espazos de entrada e saída co propio CEIP Frei Luís de Granada. Por iso, sinala “non é cuestión de minimizar os riscos, se non de eliminalos” porque “os nenos non poden ter ningún tipo de risco mentres se executan as obras”.

Para Javier Pico “os nenos necesitan ter unhas aulas dignas” e uns “espazos públicos onde xogar que sexan adecuados”, condicións que, na súa opinión, a Escola Fogar “non cumpre”.

A solución para Pico é “sinxela” e pasa por trasladar “á totalidade do alumnado a outros centros” ou mesmo “instalar aulas móbiles”. Con todo, sinalou que, a día de hoxe, non existe “ningunha comunicación oficial da consellería de educación” de que pasará “co realoxamento dos alumnos” para o próximo curso escolar.

OBRAS

En concreto, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, licitou por máis de 1,4 millóns de euros a rehabilitación do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria, que leva pechado desde o mes de febreiro por problemas estruturais.

Respecto diso, o departamento autonómico informa de que as actuacións no centro educativo divídense en tres partes, un reforzo estrutural, unha mellora na eficiencia enerxética, e unha terceira que contempla diferentes obras de acondicionamento.

As obras no colexio sarrián comezarán, previsiblemente, no mes de agosto e teñen un prazo de execución de sete meses, o que impediría que os alumnos volvesen ás clases, nese centro educativo durante o próximo curso, polo que seguirán instalados, moitos deles, na Escola Fogar.

ÚLTIMAS

“As catas existiron toda a vida”, Juanjo Figueroa, pregoeiro da Feira do Viño de Vilachá

A 31 edición da Feira do Viño de Vilachá bota a andar este venres...

Reactivadas as notificacións para queimas

Os que soliciten un novo permiso, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse...

A Xunta tamén colaborará co ‘Campionato de España de Taekwondo’ de Monforte

A Xunta vén de anunciar que colabora co Campionato de España de Taekwondo, que...

Axudas para a reconversión da viña e ‘Día do viño DO’

No DOGA do 26 de marzo publicábase a Orde da Consellería do Medio Rural,...