HomeMedio ambiente e PatrimonioReactivadas as notificacións para queimas

Reactivadas as notificacións para queimas

A Xunta reactivou este xoves 2 de maio as comunicacións para poder realizar queimas agrícolas por parte de particulares. Pódense notificar tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os que soliciten un novo permiso, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste sábado, 4 de maio.

Como viña sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.

A maiores, tamén se retoman as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

As comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. En días laborables tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas e cómpre lembrar que tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...